miércoles, 1 de mayo de 2013

Pezas Bidimensionais. TFG







Acrílico sobre madeira. 30x40 cm.


Nestas novas pezas realizo o proceso á inversa. Partindo da fotografía creo un arrugado da mesma outorgándolle certo volumen, como paso seguinte este volumen trasládoo a un plano bidimensional. É decir nas primeiras paso do bidimensional ao tridimensional e nestas últimas do tridimensional ao bidimensional.

Obras seleccionadas para a presentación do TFG




Pezas Tridimensionais a escala 1:1.

Cabe falar en primeiro lugar dos esquemas visuais que todos temos asimilados e cos que construimos a nosa realidade. O meu traballo o que fai é unha pregunta: ¿que pasaría si alteramos eses esquemas visuais?, ¿a realidade seguiría tendo sentido ou perderíao por completo?

O noso ollo, co paso das vivencias recibeu un entrenamento. Antes de poder plasmar algo, previamente temos que ter certos coñecementos ao respecto. Alguén que nunca veu, por exemplo, o mar, ao non ter esa experiencia vese incapacitado para describilo e moito máis para poder plasmalo. Esta capacidade de “saber ver” hai quen a explota máis que outros pero en xeral todos temos certos convencionalismos visuais.

Na realidade aparécennos imaxes incompletas. Raramente vemos esas extrañas configuracións porque o noso propio movemento e o dos obxetos nos axudan a clasificar e a identificalas. A labor do artista é compensar esa falta de movemento e de espacio dando ás súas formas claridade e recoñecemento. So así pode evitar ter que confiar no coñecemento e a capacidade de adivinación do observador. Os impresionistas facían precisamente aquelo ao que Hildebrand se opoñía, confiar no coñecemento do espectador. Eu nas miñas pezas de tratamento naturalista non deixo nada ao azar en canto á representación da imaxe pero si que complico a distribución dos elementos atentando contra os convencionalismos dos esquemas das formas que todos concevimos como correctas.

A ilusión consiste na convicción de que só hai unha maneira de interpretar o esquema visual que se nos presenta. Aferrámonos a esa imaxe e estamos cegos ante as demáis posibilidades. Esto mesmo exemplifica as imaxes imposibles que se crean nas miñas composicións cando nos desplazamos e deixamos atrás o que sería a visión correcta, a norma. Simplemente non podemos concevir esas formas no universo da nosa experiencia por ser tan inverosímiles.


A conexión de diferentes puntos de vista dun rostro aporta riqueza á peza e complexidade na súa percepción. Nesta etapa do proceso cabe falar dunha relación co plantexamento da pintura cubista. Nos retratos cubistas intentaban relacionar varias vistas planas dun rostro, obxeto, etc... dentro dunha mesma superficie bidimensional. Cando o espectador observa o frontal atópase sempre con algún obstáculo que o obriga a cambiar a súa forma de ver e de súpeto da cun perfil. Volve atopar con outra barreira e pasa a ver o frontal de novo. No caso das miñas pezas pasa algo similar porque manteñen eses xogos de barreiras que obrigan ao espectador a cambiar a forma de ver. O que cambio con respecto aos cubistas é que esto plásmoo nunha superficie tridimensional en lugar de bidimensional obrigando ao público a deseñarse un percorrido en torno á peza descubrindo novas facetas, puntos de vista e perspectivas que a priori non son posibles. Esto é unha característica importante xa que no cubismo o espectador  permanece estático mirando frontalmente o cadro mentres que no meu caso o espectador móvese. Vese obrigado a percorrer a peza para comprender a imaxe.

Proceso creativo para o TFG


Soporte tridimensional a base de caixas de cartón. Técnica: pintura acrílica